Publicador de contidos

Publicador de contidos

Planas confía en que a lei de cadea alimentaria alivie a situación do agro

Planas confía en que a lei de cadea alimentaria alivie a situación do agro

O ministro de Agricultura reuniuse con representantes do sector

Di que todos están dispostos a asumir a súa responsabilidade

Antón Montero 29/11/2021 20:26

Máis da metade do que custa manter unha explotación gandeira vaise en alimentación. E os prezos non deixan de subir. José Vidal, gandeiro, explica que "o 60 % dos custos de produción é de pensos e subiron entre un 25 e un 30 %".

O encarecemento da enerxía e dos carburantes trasládase tamén aos distribuidores. Eloy García,  presidente da Asociación de Distribuidores de Lugo, explica que "temos o problema sobre todo do combustible. A case un euro e medio é ruinoso para nós traballar desta maneira".

E Alejandro García, distribuidor de alimentación, conta que "temos uns 200 metros cadrados de cámaras de frío e conxelación e a factura da luz duplicouse".

Representantes de todos os elos da cadea alimentaria reuníronse este luns no Ministerio de Agricultura, a tres días de que se aprobe a lei que vai prohibir algunhas das prácticas desleais que afogan sobre todo os produtores, como a venda a perdas, a modificación unilateral dos contratos ou a devolución de produto non vendido.

Luis Planas, ministro de Agricultura, cre que "signfica un cambio de cultura, un cambio nas transaccións no sector agroalimentario e tardará un tempo no seu cumprimento ou máis ben en poñerse en práctica e interiorizarse. Creo que todo o mundo está disposto a asumir a súa parte de responsabilidade".

Sobre a carestía dos custos, Planas admite que hai pouco que facer, pero confía en que se abaraten na primavera.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade