Publicador de contidos
Publicador de contidos

Piden que un antigo muiño do río do Gafos se incorpore ao patrimonio público de Pontevedra

Piden que un antigo muiño do río do Gafos se incorpore ao patrimonio público de Pontevedra

A Asociación Vaipolorío pide tamén que o Concello execute a resolución que obriga a manter libre o acceso a ribeira nese punto 

O coñecido como muiño de Casás ou de Nores foi construído en 1856 por un emigrante que fixo fortuna na Arxentina

G24.gal 30/04/2024 10:08 Última actualización 30/04/2024 11:05

A poxa xudicial da casa que fora un antigo muíño do río dos Gafos está a reactivar o debate sobre a recuperación do patrimonio de Pontevedra. A realidade urbanística actual do barrio de Campolongo fai difícil ver que polo medio de Pontevedra atravesa un río. Pero amais do achicado leito dos Gafos perduran documentos e recordos que o testemuñan. Un dos referentes patrimoniais que remiten a ese pasado é un dos muíños fariñeiros que houbo no río, que actualmente perdura como vivenda. Foi construído en 1856 por un emigrante que fixo fortuna na Arxentina.

"De nenos, chamabámoslle a esta zona Os Muíños e xogabamos a buscar praias nas marxes do río"

A casa do que en tempos foi o muíño de Casás e logo o muíño de Nores, está agora en proceso de poxa pública e a Asociación Vaipolorío pediulle ao Concello de Pontevedra que interveña para incorporala ao patrimonio municipal. Amais disto, o secretario da entidade, Xosé Feijóo, lembra que o Concello ten pendente de executar dende hai anos unha resolución que invalidaba o peche que se fixo nun costado do antigo muíño e que agora imposibilita o acceso á ribeira nese punto. 

"Augas de Galicia e o Departamento de Disciplina Urbanística do Concello de Pontevedra informaron no seu día que había que repoñer a legalidade urbanística alterada polo muro e a reixa".

Mentres se resolve a poxa e a reposición da servidume do río, os veciños de Campolongo especulan sobre como sería a mellor maneira de ir incorporando este patrimonio ás súas vidas. Hai quen considera que sería un bo marco para un restaurante, co que se lograría que fose un lugar de accesible sen necesidade sobrecargar o patrimonio municipal. A outros gustaríalles que se rehabilitase por completo para ensinarlles ás novas xeracións como funcionaba.

No caso de pasar a patrimonio público, permitiría ampliar unha zona que acaba de ser acondicionada xusto na outra banda do río, practicamente en fronte de onde está o antigo muíño. O traballo de Calros Solla Auga mol en pedra dura. Inmobiliario etnográfico do río dos Gafos, publicado pola Asociación Vaipolorío, conta a historia e a evolución do antigo muíño, incluídas imaxes das épocas en que estivo en activo, cando o seu entorno era moi distinto do de hoxe. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos