Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden colaboración cidadá para localizar o autor dun atropelo en Carballo

Piden colaboración cidadá para localizar o autor dun atropelo en Carballo

Deixou o peón tirado no asfalto tras o accidente

Á vítima non lle deu tempo a memorizar a matrícula, pero si a cara do condutor

G24.gal 13/02/2023 13:50 Última actualización 13/02/2023 14:04

Faltaban poucos minutos para as nove da noite cando Antonio, de 50 anos, saíu de traballar e a escasos metros foi atropelado nun paso de peóns na zona do San Martiño.

O turismo deulle un golpe nas pernas e el caeu contra o capó. Depois acabou batendo contra a beirarrúa. Malia que o condutor nun primeiro momento fixo ademán de parar, ao pouco continuou a marcha e fuxiu. 

A Antonio non lle deu tempo a memorizar a matrícula, pero si a cara do condutor. Amais sabe que era un vehículo pequeno, de cor escura.

Queren saber quen foi e por iso agora piden a colaboración cidadá para dar co seu paradoiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade