Piden a revisión urxente de todos os balcóns do edificio de Vimianzo onde caeron tres mozos
Un dos tres mozos feridos segue grave no hospital, na UCI
A comunidade pídelles aos veciños que non usen os balcóns e que manteñan as fiestras pechadas
Tres mozos resultaron feridos tras caer desde o primeiro andar dun edificio á beirarrúa. Cedeu o balcón da vivenda en que estaban celebrando un aniversario este sábado pola tarde. Un dos feridos segue ingresado na UCI, recuperándose das feridas.
Dous dos tres mozos feridos caeron sobre un coche que estaba aparcado xusto debaixo do balcón que partiu. Un foi trasladado en helicóptero ao hospital de Santiago, está na UCI; outro atendérono no hospital de Cee. O terceiro foi auxiliado en Vimianzo. Caeron desde unha altura duns catro metros. Desde o primeiro andar, á beirarrúa.
Mirando desde abaixo, os balcóns parecen, aparentemente, ben ancorados. Pero, se se observan desde dentro das vivendas, non se perciben reforzos de seguridade. Os ocos que deixaron as pedras da balaustrada que caeu tampoco son moi profundos. A comunidade do edificio xa solicitou unha inspección técnica urxente para saber o que fallou.
Á espera de saber a causa da rotura do balcón, a recomendación é que as doce familias que viven no número cinco da rúa… de Vimianzo, non usen os balcóns, non abran as fiestras desas balaustradas e que retiren calquera cousa que poida engadir máis peso ás varandas.