Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moitas persoas da área de Vigo non cumpren a norma de levar a máscara

Moitas persoas da área de Vigo non cumpren a norma de levar a máscara

Os casos activos achéganse aos 16.000 en toda a área

Sobe a incidencia acumulada no concello de Vigo a 2.982 casos

Camiñan sen máscara pola rúa Príncipe de Vigo
G24.gal 14/01/2022 13:51

Nin unha, nin dúas, nin tres, moitas son as persoas que incumpren as normas e non levan a máscara ben posta en exteriores. Hoxe comprobámolo nunha rúa de Vigo, xusto no día en que a área sanitaria bate marca de contaxios con 2.385 positivos novos.

"É que eu cando vou coa nena abáfanseme os lentes e ás veces báixoa para respirar", escúsase unha rapaza que non leva a máscara posta.

"Eu sácoa por costume e, como estou vacinado, eu penso que non vai haber problema, esa é a idea, coma min hai moita xente sen máscara, eh!", conta un señor.

 "Sempre traballei sen precaucións de seguridade, vale, son masaxista e sempre traballei sen máscara e nunca collín o virus, nunca. Estou sen vacinar porque non creo nas vacinas. A máscara póñoa porque non me queda máis remedio, porque a policía obriga a poñela, e aínda así, que queres que che diga, eu non creo no virus", opina un negacionista.

A área de Vigo ten hoxe 15.902 casos activos, a maior cifra dende que comezou a pandemia. O número de hospitalizados mantense estable con 77 ingresos en planta e 10 en UCI. A maioría dos positivos permanecen nos seus domicilios.

 "Estiven contaxiada hai unha semana e media, estiven unha semana recluída, pero grazas ás vacinas non tiven síntomas moi fortes", apunta unha rapaza.

Un dos concellos onde máis se nota o avance é no de Vigo. Das 8.700 persoas que hai infectadas, 5.600 detectáronse nos últimos 7 días, polo que a súa incidencia acumulada se eleva case aos 3.000 casos por cada cen mil habitantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos