Publicador de contidos

Publicador de contidos

Petro ameaza con volver tomar as armas para defender a soberanía das ameazas de Trump

Petro ameaza con volver tomar as armas para defender a soberanía das ameazas de Trump

O presidente de Colombia, que foi guerrilleiro, dixo que: "Xurei non tocar unha arma máis desde o pacto de paz de 1989, pero pola patria tomarei de novo as armas" 

Trump: "A min sóame ben", sobre unha operación en Colombia como a de Venezuela

Reuters Reuters
G24.gal 05/01/2026 15:22 Última actualización 05/01/2026 15:55

O presidente de Colombia ameazou este luns con volver tomar as armas se é necesario, como nos seus anos de guerrilleiro, para defender a soberanía do seu país da "ameaza ilexítima" do mandatario estadounidense, Donald Trump.

"Aínda que non fun militar sei da guerra e a clandestinidade. Xurei non tocar unha arma máis desde o pacto de paz de 1989, pero pola patria tomarei de novo as armas que non quero", dixo Petro nun longo escrito na súa conta de X.

Na súa mocidade, Petro formou parte da guerrilla do M-19 que se desmobilizou en 1990 despois de asinar un acordo de paz co entón presidente colombiano Virgilio Barco.

O domingo, Trump comentou a xornalistas a bordo do Air Force One que, do mesmo xeito que Venezuela, "Colombia tamén está moi enferma", e en referencia a Petro dixo que o país está "gobernado por un home enfermo ao que lle gusta fabricar cocaína e vendela aos Estados Unidos e iso é algo non vai estar facendo por moito tempo".

Ao ser preguntado se iso significa que podería haber unha operación dos Estados Unidos en Colombia, como a que se fixo en Venezuela contra Nicolás Maduro, Trump respondeu: "A min sóame ben iso".

"Non son ilexítimo nin son narco, só teño como ben a miña casa familiar que aínda pago co meu soldo. Os meus extractos bancarios foron publicados. Ninguén puido dicir que gastei máis que o meu soldo. Non son cobizoso", afirmou Petro para rexeitar as acusacións de Trump na súa contra.

O mandatario, que ten un enfrontamento verbal con Trump practicamente desde que este comezou o seu segundo período na Casa Branca, hai case un ano, sinalou que ten "unha enorme confianza" en que o pobo colombiano o defenderá.

"A forma de defenderme é tomarse o poder en todos os municipios do país. A orde á forza pública é non disparar ao pobo e si ao invasor", subliñou.

Segundo Petro, se os Estados Unidos "deteñen o presidente", como o fixo o pasado sábado en Caracas con Maduro e Flores tras un bombardeo en varios puntos de Venezuela, enfrontarase a unha reacción popular.

"Cada soldado de Colombia ten unha orde desde xa: todo comandante da forza pública que prefira a bandeira dos EUA á bandeira de Colombia retírase inmediatamente da institución por orde das bases e a tropa e miña. A Constitución ordena á forza pública defender a soberanía popular", agregou. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade