Publicador de contidos
Publicador de contidos

A policía intervén nunha pelexa nun establecemento lugués denunciado pola veciñanza

A policía intervén nunha pelexa nun establecemento lugués denunciado pola veciñanza

Din que as leas e os ruídos son continuos polo que piden o seu peche

O dono do establecemento asegura que xa está a tomar medidas

Rúa Carril dos Loureiros en Lugo onse se produciu a liorta Rúa Carril dos Loureiros en Lugo onse se produciu a liorta
G24.gal 18/06/2023 13:52 Última actualización 18/06/2023 17:03

A veciñanza do barrio lucense de Recatelo está preocupada polos continuos incidentes provocados a raíz da apertura dun local na zona. O último foi unha pelexa esta mesma fin de semana na que tivo que intervir a policía. 

Nas imaxes que están a circular polas redes sociais apréciase como varias mozas resolven as súas diferenzas a base de golpes, mentres outras persoas intentan separalas sen moito éxito.

A xente que vive na contorna di que as leas e os ruídos son continuos dende que o establecemento abriu hai catro meses e xa denunciou a situación.

O xerente do local asegura que non desexa ter problemas coa veciñanza e que está a tomar medidas, como controlar o nivel de ocupación, para evitar o balbordo da clientela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade