Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pedro Sanchez xa está na China para iniciar unha viaxe oficial na que se reunirá con Xi Jinping

Pedro Sanchez xa está na China para iniciar unha viaxe oficial na que se reunirá con Xi Jinping

O goberno busca que a China poida desempeñar un papel relevante na reducción das tensións nos conflitos internacionais activos e tamén reforzar a cooperación económica

Pedro Sánchez e a súa muller, Begoña Gómez, á súa chegada a Pequín (EFE) Pedro Sánchez e a súa muller, Begoña Gómez, á súa chegada a Pequín (EFE)
G24.gal 11/04/2026 17:44

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez xa está na China para manter un novo encontro con Xi Jinping. Esta é a cuarta visita do presidente do goberno ao país.  

Sánchez chegou a Pequín acompañado da súa muller, Begoña Gómez, a bordo dun avión da forza area española. A axenda oficial comezará o luns.

O goberno busca que a China poida desempeñar un papel relevante na reducción das tensións nos conflitos internacionais activos. Ademais pretenden reforzar a cooperación económica e acceder a materiais fundamentais para o desenvolvemento da industria tecnolóxica en España.

A iso súmase fortalecer a relación bilateral nos ámbitos da educación, a cultura e a innovación. Para conseguir todo iso, a axenda de Sánchez inclúe unha visita á universidade de Tsinghua, unha das máis prestixiosas da China, onde terá unha intervención e reunirase con expertos en relacións internacionais, para trasladarse despois á Academia Chinesa de Ciencias, que lle concederá un título honorífico.

Visitará ademais a sede da tecnolóxica Xiaomi, punteira en software para móbiles, reunirase con investidores chineses e con empresarios españois con intereses no país, e terá outros encontros con representantes de empresas innovadoras, e cos responsables da Cámara de Comercio UE-China.

Esa relación entre os Vinte e sete e o país asiático é considerada de gran relevancia para o Goberno, que ante esta viaxe, coordinou mensaxes coas principais autoridades comunitarias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade