Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pedro Sánchez: "Toca defender a verdade, a miña muller e o meu irmán son inocentes"

Pedro Sánchez: "Toca defender a verdade, a miña muller e o meu irmán son inocentes"

O presidente do Goberno  dixo agardar a "mesma repercusión mediática" cando se "demostre a súa inocencia"

O xuíz Peinado propón que Begoña Gómez sexa xulgada por un xurado popular por malversación

O presidente do Goberno durante a súa intervención tras asistir á Asemblea Xeral das Nacións Unidas en Nova York
G24.gal 24/09/2025 20:37 Última actualización 24/09/2025 21:13

O presidente do Goberno asegurou que a súa muller Begoña Gómez e o seu irmán David Sánchez, "son inocentes" dos presuntos delitos que lles achaca a Xustiza e espera que cando esta inocencia quede demostrada teña a mesma repercusión mediática que as actuacións que está a levar a cabo o xuíz Juan Carlos Peinado.

Sánchez fixo estas declaracións despois de que este mesmo mércores, o xuíz Peinado que leva a cabo a investigación contra a súa muller, comunicase que esta se someterá a un xurado popular se finalmente se abre xuízo oral contra ela por delito de malversación.

O día anterior, a Audiencia Provincial de Badaxoz enviou ao banco dos acusados a David Sánchez por delitos de prevaricación e tráfico de influencias.

"Sobre o meu irmán e a miña muller, como dixen en moitas ocasións o tempo poñerá as cousas no seu sitio, tócanos defender a verdade pois defenderemos a verdade e a verdade é que o meu irmán e a miña muller son inocentes", indicou Sánchez .

O presidente fixo estas declaracións en Nova York, despois de participar esta semana no 80º período de sesións da Asemblea Xeral de Nacións Unidas.

A continuación engadiu que espera que "cando iso suceda e a Xustiza así o dite, teña a mesma repercusión mediática que ten agora mesmo todo o que está a expor o xuíz Peinado" ha sinalado expresando o seu desacordo coas decisións adoptadas polo instrutor.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade