Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez e Díaz tentan poñer punto final ás discrepancias polo gasto militar

Sánchez e Díaz tentan poñer punto final ás discrepancias polo gasto militar

Os morados manteñen a importancia de dar prioridade ao gasto social

Aínda non hai data para a reunión do pacto de coalición

G24.gal 07/07/2022 14:23

Pedro Sánchez e Yolanda Díaz parecen decididos a pór punto final ás discrepancias na coalición do Goberno sobre o gasto militar. Aínda así, dende a formación morada seguen mantendo a necesidade de pór o foco nas medidas sociais. A última en facelo foi esta mesma mañá Irene Montero.

Unidas Podemos levantou a voz ante a aprobación o pasado martes dun crédito de 1.000 millóns de euros para gasto militar. Antes xa houbera outras achegas, ata un 20 por cento máis do presuposto inicial destinado ao Ministerio de Defensa. 

Dende o PSOE seguen cun discurso plano tratando de rebaixar a tensión. Yolanda Díaz semella ser a vía de diálogo que está aberta cos socialistas. E cara a cara con Sánchez tentarán pór punto final ás discrepancias.

A todo isto, segue sen data a reunión do pacto de coalición. E cada vez parece máis difícil que se poida celebrar, como pretenden en Unidas Podemos, antes de que o día doce comece o debate sobre o estado da nación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade