Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez cre que haberá goberno progresista e pídelle ao PP calma e respecto

Sánchez cre que haberá goberno progresista e pídelle ao PP calma e respecto

O PP considera que o máis difícil é a gobernabilidade con Junts, ERC ou Bildu

Sumar insiste en que non lle dará ao PSOE un cheque en branco

Pedro Sánchez no mitin do PSOE en Mérida
G24.gal 14/10/2023 19:57 Última actualización 14/10/2023 20:24

En España, o presidente do Goberno en funcións segue confiando en que haberá acordo para a súa investidura e pídelle ao PP calma, sensatez e respecto. 

O expresidente da Generalitat, Carles Puigdemont, insistiu este sábado, a través das redes sociais, que España ten un problema grave porque debe elixir entre repetir eleccións ou pactar con Junts, que non renunciará á vía unilateral.

Aínda así, a voceira de Sumar no Congreso, Marta Lois, está convencida de que vai haber un goberno progresista e reivindica o papel da formación nas negociacións para a investidura.

"Queremos unha axenda social á altura do país que temos, un país que precisa que Sumar sexa pioneira para mover todos eses marcos porque o partido socialista quere unha lexislatura 'ao ralentí' e Sumar non é un cheque en branco".

O Partido Popular cre que o máis complicado das negociacións non é a investidura.

"Alguén pensa que Junts ten algún interese na gobernabilidade de España? Alguén cre que Bildu ou ERC teñen algún interese na gobernabilidade de España? Resulta que a gobernabilidade do país se vai sustentar nestas formacións que teñen intereses particulares, non digo ilexítimos pero si particulares, e entón quen fala dos problemas de España?", pregúntase Borja Sémper.

O presidente do Goberno en funcións admite que as negociacións son complicadas, pero cre que haberá acordo e criticou o PP por contribuír a aumentar a crispación.

"Pido calma, sensatez e respecto, imos traballar para que haxa un goberno progresista, que faga políticas progresistas, que aposte pola convivencia sempre dentro do marco da Constitución española".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade