Cargando resultados...
Pato rompe a súa imbatibilidade pero o Compostela empata en Luanco
Pato rompe a súa imbatibilidade pero o Compostela empata en Luanco
Darío empatou co seu sétimo gol da temporada
O porteiro santiagués deixou a súa porta a cero durante 704 minutos
G24.gal
15/01/2023 19:55
O Compostela empatou co Marino de Luanco e remata a primeira volta na terceira posición, xusto por detrás dos sorprendentes Arenteiro e Guijuelo.
Foi unha igualada moi traballada, despois de que o equipo asturiano se adiantase cun tanto de Ismael Fagir no primeiro tempo. Ese gol crebaba a imbatibilidade do Pato Guillén, que deixou a súa porta a cero durante 702 minutos.
Custoulle moito ao Compostela xerar fútbol nun campo moi pesado. Pero no treito final chegou o de sempre, Darío Germil, para marcar o gol do empate. É o sétimo gol da temporada para un Darío que se está a amosar como un dos mellores dianteiros da categoría.