Pato Guillén: "Hai que ver o vaso medio cheo. Estamos no 'playoff'"
O porteiro regresaba á titularidade tras a lesión

De ser terceiro e ter factor campo a favor na primeira eliminatoria, a rematar a fase regular cuarto e sen ese factor cancha. Ese foi o paso que sufriu o Compostela no último minuto de xogo, tras o empate do Marino de Luanco no Vero Boquete. No aspecto positivo do partido queda a clasificación para os playoff de ascenso a 1ª RFEF e o regreso tras lesión de pato Guillén.
"Sentinme ben. Non tiven problema. Feliz e contento. Foi un pau o seu gol, na 1ª parte estivemos moi ben. Na segunda tivemos baixón. O rival non se xogaba nada e viu a competir. Xogan expostos e desordeados. Tiñan o balón. Escapan dous puntos pero hai que ver o vaso medio cheo, estamos en playoff que hai tempo que non o xogamos. Este partido serve para aprender, que hai que saber sufrir cando non temos o balón".
Tarazona, Valencia Mestalla, Recreativo Granada e Navalcarnero son os posibles rivais do Compostela que sairán do sorteo que se desputa mañá luns na RFEF.