Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pasean nun Rolls Royce por Lugo para celebrar que venderon varios décimos do Gordo de Nadal

Pasean nun Rolls Royce por Lugo para celebrar que venderon varios décimos do Gordo de Nadal

Nunha librería ofreceron esta experiencia se tocaba algo grande e cumpriron co prometido

Félix Aragunde 22/12/2023 19:44 Última actualización 22/12/2023 20:08

Así foi como celebraron nunha librería de Lugo a venda de varios décimos premiados co Gordo. Fixérono paseando nun Rolls Royce de 1948, propiedade dun coleccionista.

Prometeran esta experiencia para os clientes aos que lle tocase un premio importante, e resultou que acabaron repartindo 800.000 euros.

Polo momento, os agraciados aínda non pasaron por esta librería onde compraron os décimos do Gordo de Nadal. Pero iso non impediu que o Rolls Royce saíse dar un paseo, posto que as traballadoras do negocio deron unha volta por Lugo xunto co dono do coche clásico.

"Pensamos: que podería facer un para sentirse un millonario no momento sabendo que esa persoa acaba de ser millonaria? E falamos con Manolo Soriales, un coleccionista que trouxo unha xoia, un Rolls Royce, de varios coches que ten impecables", conta Eva Cancela, libreira. 

Tanto a libreira como as dúas empregadas viviron unha xornada que, con certeza, non han esquecer na vida.

"Foi un día moi emocionante en xeral. Xa chegaba a hora de acabar e viamos que non tocaba premio, e de repente saíu o gordo e tocou aquí. Moi contentas", engade Isa López Yuste, empregada da librería.

"E vendémolo encantadas. Aínda que nós non fomos as afortunadas, foi espectacular o paseo no coche", remata Pilar Rodríguez, empregada da librería.

Sen dúbida, o delas foi un plan co que todo saíu tan redondo coma o 88.008.

As traballadoras da librería luguesa amosan con ledicia o número premiado co Gordo As traballadoras da librería luguesa amosan con ledicia o número premiado co Gordo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade