Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pasarón acolle hoxe o derbi galego da Primeira RFEF entre o Pontevedra e o Rácing (16:30h, G2)

Pasarón acolle hoxe o derbi galego da Primeira RFEF entre o Pontevedra e o Rácing (16:30h, G2)

Os dous equipos chegan ao partido en postos de promoción de ascenso a Segunda

G24.gal 03/01/2026 12:03

Ás catro e media da tarde temos unha cita de altura en directo na G2. Desde Pasarón, ofrecerémoslles o derbi galego correspondente á 18ª xornada entre o Pontevedra, quinto clasificado con 27 puntos, e o Rácing, que chega con 30 puntos na terceira e acompañado dun nutrido grupo de siareiros.

Agárdase unha gran entrada no campo pontevedrés, con arredor de 8.000 espectadores, para presenciar este primeiro partido do ano para dous equipos que comezaban a temporada con obxectivos diferentes, pero que se atopan na parte alta neste momento. 

Para Rubén Domínguez, técnico dos granates, "está claro que non é un partido máis. Para nós é un derbi, un día en que a nosa afección quere vernos gañarlle ao Rácing. Grazas ao equipo, todo o mundo está soñando."

Pablo López, o adestrador do Rácing, indica que "nos derbis non hai favoritos. Temos que estar cos cinco sentidos desde o principio, porque temos diante un rival que está nunha boa dinámica."

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade