Publicador de contidos

Publicador de contidos

Parreño non fai números: "Non nos centramos en facer as contas da leiteira"

Parreño non fai números: "Non nos centramos en facer as contas da leiteira"

Lucas Pérez segue adestrándose á marxe do grupo

Mella volverá mañá aos adestramentos

G24.gal 27/03/2024 16:34 Última actualización 27/03/2024 17:24

O porteiro do Deportivo, Germán Parreño, asegurou que non fan números de cantos puntos pode necesitar o equipo para ser campión e que seguen centrados no día a día.

"Non nos paramos niso, centrámonos no noso traballo, no día a día. Non nos centramos en facer as contas da leiteira, dependemos de nós, é a mellor noticia, se damos o cento por cento estaremos preto".

Lucas Pérez segue adestrándose á marxe do grupo na volta do Deportivo aos adestramentos e é dúbida para o partido do sábado.  Parreño mostrouse esperanzado con que o de Monelos poida chegar ao choque ante o Cornellá:

"Eu véxoo optimista, está con enerxía, non se como está fisicamente, pero está dando pasos axigantados", comentou esta mañá na sala de prensa de Abegondo.

Mella volverá mañá aos adestramentos despois do seu regreso coa selección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade