Cargando resultados...
Para Rubén Albés, o partido ante o Eivisa é unha final
Avisa os seus xogadores: "Hai que recuperar a alma do equipo"
Foto @CDeportivoLugo
G24.gal
06/05/2022 13:54
Última actualización 06/05/2022 14:00
Rubén Albés falou do encontro fronte o Eivisa, un duelo que o preparador vigués catalogou como "unha final" para o conxunto albivermello.
"Xurdiron algunhas situacións máis. Quedan varias sesións, e esperaremos evolución. Pol está descartado, Orest está mellor, e imos ver como está o resto. Non daremos máis pistas, pero haberá que valorar novidades, dado o caso"
"O partido convértese nunha final, pode ser decisivo"
"Hai que recuperar a alma. Todo que non sexa poñer o foco niso é montarse unha peli de vaqueiros"
|SP| 📽️
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) May 6, 2022
👉 Lembra as palabras do míster @RubenAlbes durante a comparecencia de prensa de hoxe, previa ao #IbizaLugo! 🗣️#ForzaLugo