Publicador de contidos
Publicador de contidos

Para Moncho Fernández, o Obradoiro está listo para competir

Para Moncho Fernández, o Obradoiro está listo para competir

"Ante o Zaragoza temos que ser bos (sempre) na defensa"

G24.gal 27/09/2022 12:48 Última actualización 27/09/2022 17:37

Mañá arranca a Liga ACB. Para o Monbus Obradoiro e para o Rio Breogán será o xoves.

Moncho Fernández mantén o libro de once temporadas en ACB. Comeza a 12ª e ten moi estudado o rival que inaugura a campaña no Sar, o Zaragoza.

"Estamos nun nivel máis que correcto para competir e imos medrar co paso de tempo"

"Ante o Zaragoza temos que ser bos (sempre) na defensa"

Rematou a pretemporada e o técnico obradoirista, o máis experimentado con permiso de Aíto García Reneses na actualidade e no pasado Lolo Sainz e Pedro Ferrándiz, cre que os seus xogadores chegan con boas sensacións ao inicio da competición.

O preparador galego destacou que o novo Zaragoza do austríaco Martin Schiller, exentrenador do Zalgiris Kaunas, ten un estilo “moi propio”, cunhas características defensivas “moi concretas” e un xogo de ataque no que buscarán “xogar moi rápido” ou xerar “as vantaxes” desde “as situacións en parado”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos