Paixón por aprender aos 84 anos

Delmira Santos tivo que deixar os estudos con 15 anos para traballar. Retomou a súa formación hai seis anos na UNED Sénior de Ourense, onde é a alumna máis veterana

Delmira Santos nunha das clases a que asiste na UNED Sénior de Ourense
G24.gal 16/11/2023 21:12 Última actualización 16/11/2023 21:34

A inquedanza por aprender non sabe de idade. Aos seus 84 anos, Delmira Santos non perde nin unha soa clase. Matriculouse na Universidade a Distancia en Ourense hai seis anos. Este cuadrimestre estuda Bioloxía e Historia da Arte. Ampliar coñecemento e cultura é a súa paixón.

Tivo que deixar de estudar aos 15 anos para traballar e despois tivo que coidar dos seus cinco fillos. Cando se xubilou retomou as súas inquedanzas. Comezou coa pintura e despois coa formación universitaria. A vida, di, dá moita sabedoría, pero sempre se poden aprender cousas novas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade