Cargando resultados...
Pablo Trigueros xogará no Lugo

G24.gal
05/07/2025 19:21
Pablo Trigueros xogará a vindeira temporada no Club Deportivo Lugo.
O central, que xa estivo en Galicia co Rápido de Bouzas e o Deportivo, comezará unha nova andaina na súa carreira deportiva.
Chega do Andorra, co que conseguiu o ascenso a Segunda División. Ese mesmo éxito xa o vivira anteriormente coa Ponferradina. O Nástic de Tarragona foi outro dos seus destinos recentes.
Xogará unha temporada, máis outra opcional, co Lugo