Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pablo Fernández veu un compañeiro inconsciente cando caeu o valado: "Temes o peor"

Pablo Fernández veu un compañeiro inconsciente cando caeu o valado: "Temes o peor"

No Zamora-Deportivo houbo varios feridos tras a celebración do gol 

Quedou nun susto, pero puido ter consecuencias graves

G24.gal 27/01/2022 15:40

Por Zona Mixta  pasou un afeccionado do Deportivo, Pablo Fernández, da Peña Deportivista de Verín que viviu a celebración do gol no último minuto e a caída do valado con varios feridos. 

Unha celebración que tornou nun gran susto

Así o contaba Pablo en directo no programa da Radio Galega:

"Nós estabamos unhas ringleiras máis arriba e non chegamos caer, estabamos na 6-7 e acabamos na 2, para que te fagas unha idea. Na celebración non nos decatamos ata que ves xente tirada e báixache a alegría do gol. Vimos o compañeiro no chan, pero dicía que estaba ben e quedamos tranquilos"

Impropio dun estadio de fútbol

Así o cualificaba o afeccionado, con experiencia en viaxar co equipo coruñés:

"Ninguén pode esperar que un valado de metal rompa nun cacho. Non fixo a súa función desde logo. Vivimos momentos difíciles sobre todo cando vimos un compañeiro tirado no chan e inconsciente, dábanlle golpes na faciana para que se recuperase. Aí pensas no peor"

"Parece inverosímil que isto poida pasar nun campo de fútbol. Nós fomos tres desde Verín ao ser en media semana. Quedábanos Zamora máis preto que Coruña. Iso si, foi un partido moi frío, como o ambiente meteorolóxico. Pero cando vas en boa dinámica, acabas gañando e é o que está a pasar co Deportivo esta tempada"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade