Publicador de contidos

Publicador de contidos

Outro grupo de colectores arrasados nun incendio nocturno en Marín

Outro grupo de colectores arrasados nun incendio nocturno en Marín

Esta acción incendiaria, cuarta en dúas semanas, tivo lugar na rúa Concepción Arenal

Os colectores incendiados de xeito intencionado estaban preto da gasolineira da rúa marinense de Concepción Arenale de Cnce
G24.gal 19/10/2022 14:14

O grupo de colectores próximo á gasolineira da rúa Concepción Arenal de Marín quedou arrasado polo lume no que semella ser unha acción intencionada.
Todo apunta a que é obra de alguén que sofre piromanía. Este, do luns á noite e do que só queda pegada da destrución do lume, é o cuarto grupo de colectores destruído noutros tantos incendios en menos de dúas semanas. Carmen vive nun dos edificios próximos e conta que espertou ás tres e media da mañá cos estoupidos:

"Chegaban as lapas ao segundo piso. Unha pasada".

Un traballador do servizo de limpeza di: 

"Segundo contaron os veciños, prendéronlle lume ao colector de papel e logo, cun produto inflamable, estendeuse aos outros tres".

"Eu estaba na ventá do salón e entraba unha calor para dentro que estaba temendo cando prendía nas persianas, que son de plástico", engade Carmen.

Mostra da calor xerada témola no cartel plástico do outro lado da rúa e, por suposto, nas persianas das fachadas máis próximas. As de varias vivendas están inutilizadas como consecuencia do incendio. Di Carmen que "a persiana está abombada cara adentro e non a podo subir. Non as podo subir. As persianas das habitacións están danadas. E así, outros, polo menos que eu saiba, ás dos primeiros pisos si".

Segundo esta testemuña, o incendio estivo activo polo menos media hora ata que o extinguiron os bombeiros. A Policía Local prosegue coas pescudas para identificar o autor ou autores destas accións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade