Publicador de contidos

Publicador de contidos

Outra tarifa eléctrica, por Venancio Salcines

OPINIÓN

Outra tarifa eléctrica, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 08/09/2022 08:00

Hoxe toda a Unión Europea ten un punto en común: temos que devolverlle a cordura á tarifa eléctrica. E iso require cambios. Cales? Están a debaterse. Espérase que o venres teñamos xa o camiño definido. 

A cuestión é que en Europa marcamos o prezo da enerxía polo custo da última utilizada. E, polo xeral, esta sempre é o gas ruso.  Dito dun modo moi sinxelo: Moscova está a dicir o que paga vostede pola luz.  

E se estes prezos son altos para un fogar, chegan a ser prohibitivos para unha morea de empresas. Polo tanto, ou tiramos do freo de man ou veremos peches. Volveremos aos ERTES, pero non pola covid-19 senón pola enerxía.  

E como podemos saír desta? Neste intre existen tres propostas. Todas inciden no mesmo, un novo método de calculo.   

  • A primeira é poñer tope ao prezo da electricidade. Na liña actual de España.  
  • A segunda é non utilizar, para o cálculo,  o prezo do gas mercado en Rusia ou en países  afíns.  
  • A terceira e última é retirar da tarifa o prezo da electricidade xerada con gas. 

Sexa a que sexa, a cuestión é que o venres a Unión ten que acadar un novo método para calcular os prezos da enerxía e con isto evitar o colapso da industria europea. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade