Publicador de contidos

Publicador de contidos

Goberno e Partido Socialista pechan filas con Pedro Sánchez e pídenlle que non dimita

Goberno e Partido Socialista pechan filas con Pedro Sánchez e pídenlle que non dimita

Militantes de toda España están organizando unha concentración en Madrid o próximo sábado, coincidindo coa celebración do Comité Federal

G24.gal 25/04/2024 21:30

O Goberno e o Partido Socialista pechan filas con Pedro Sánchez, máis despois de coñecerse que a Fiscalía pide que se arquive a denuncia de Manos Limpias contra a súa muller. Tamén a militancia se está mobilizando no seu apoio.

Nin no PSOE nin no Goberno se atreven a predicir que vai facer Pedro Sánchez. O presidente só informou o rei Filipe da súa decisión de retirarse da vida pública para reflexionar sobre o seu futuro. Ninguén máis o sabía, nin o seu círculo máis íntimo.

"El pediu un tempo para pensar. Suspendeu a axenda pública pero segue traballando nas materias de Goberno; está tendo unha reflexión seria e profunda, e eu respéctoa, así que nin o chamei nin o vou chamar", dixo María Jesús Montero, vicepresidenta primeira do Goberno.

Os socialistas sosteñen que se trata dunha decisión estritamente persoal de Pedro Sánchez e negan calquera estratexia política. Desde o Goberno respéctano e anímano a seguir.

"Temos toda a forza, presidente, para defender a túa xestión, a túa honestidade e o teu proxecto político", díxolle a través dos medios Isabel Rodríguez, ministra de Vivenda.

Teresa Ribera, vicepresidenta terceira do Goberno, afirmou: "Os demócratas debemos dar un paso adiante. As denuncias falseadas coma as que vimos non deben ser un paso atrás".

A Fiscalía pediu este xoves o arquivo da denuncia contra Begoña Gómez. Manos Limpias admite que a demanda se basea en noticias publicadas e non entra na súa veracidade. 
No Goberno de coalición apelan á responsabilidade da oposición.

"A súa muller estana atacando a partir dunha denuncia falsa presentada por unha organización de ultradereita que non ten ningún tipo de fundamento", dixo María Jesús Montero, vicepresidenta primeira do Goberno.

Diana Morant, ministra de Ciencia, Innovación e Universidades, engadiu: "Esta batalla non a poden gañar os malos, os que embarran e fan guerra sucia para tombar un Goberno lexítimo".

Ernest Urtasun, ministro de Cultura, afirmou: "Non podemos tolerar que estes casos de lawfare tomben gobernos e ataquen persoas que teñen un mandato democrático xurdido das urnas".

"Todo o meu afecto para Pedro Sánchez, e dicir que non todo vale en política", declarou Mónica García, ministra de Sanidade.

As bases do Partido Socialista tamén se mobilizan en apoio a Pedro Sánchez. Militantes de toda España están organizando unha concentración en Madrid o próximo sábado, coincidindo coa celebración do Comité Federal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade