Publicador de contidos

Publicador de contidos

Outra goleada do Celta Fortuna en Balaídos

Outra goleada do Celta Fortuna en Balaídos

Raúl Blanco cun dobrete foi o MVP do partido

G24.gal 27/04/2024 18:25

Partido entre dous equipos loitando cada un polo seu obxectivo. O Logroñés gastando as últimas balas para acadar a permanencia e o Celta Fortuna para asegurar o posto na promoción de ascenso. O Logroñés chegaba a Vigo como o equipo con máis derrotas da categoría e sendo un equipo moi pouco goleador, e iso viuse no terreo de xogo durante todo o partido.

O Celta Fortuna levaba o peso do partido pero non era capaz de meter gol, e tampouco contou con moitas oportunidades durante os primeiros minutos de partido, ata que o Celta comezou a encontrar os ocos. Ocasión moi clara de Miguel Román, man a man de Alfon, e a terceira foi a vencida, gol de Raúl Blanco tras unha grande asistencia de Javi Rueda. O Logroñés non parecía ter encaixado o gol, e pouco despois chegou o segundo, de penalti tras un caneo de Alfon ao gardamallas que o termina derribando.

O guión da segunda metade foi moi parecido ao da primeira, pero con máis dominio do Celta Fortuna. Control do balón, efectividade, outro gol de Raúl Blanco tras pasar ao porteiro, e un de Javi Rodríguez, que apenas levaba uns segundos no campo, redondearon unha goleada e unha vitoria plácida do Fortuna en Balaídos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos