Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ourense, Zamora e León, provincias con máis probabilidade de incendio no verán

Ourense, Zamora e León, provincias con máis probabilidade de incendio no verán

A Unidade Militar de Emerxencias (UME), que participa no dispositivo antiincendios, tamén inclúe Pontevedra entre as provincias con probabilidade de incendio alta

G24.gal 17/06/2022 13:06

As provincias de Ourense, Zamora e León presentan unha probabilidade moi alta de sufrir incendios ata setembro, segundo as previsións que manexa a Unidade Militar de Emerxencias (UME), que participa na Campaña de Loita Contra Incendios forestais.

En Pontevedra, Ávila, Huelva, Valencia e Tenerife, a probabilidade de incendio é alta, mentres que en Salamanca, Cáceres, Alacante, Murcia, Rioxa, Navarra, Zaragoza, Cádiz, Mallorca e Gran Canarias, baixa a moderada, segundo explicou este venres o capitán Roberto García, analista de riscos naturais da UME.

"O verán prevese complicado, sobre todo porque se adiantou todo o relativo aos incendios. As previsións para este mes de xuño son complicadas" pola seca, o exceso de matogueira e pasto e as tormentas secas, advertiu a ministra de Defensa, Margarita Robles, durante a súa visita á sede da UME na base aérea de Torrexón de Ardoz, en Madrid.

Tras coñecer os detalles da intervención da UME nos incendios activos en Cataluña e Zamora, Robles apuntou que estes días "disparáronse os incendios" debido a que caeron "moitísimos raios secos" e a que as matogueiras e pastos que proliferaron coas choivas de abril e maio agora están moi secos consecuencia da "gran seca".

A UME contribúe á actual campaña de incendios forestais cuns 3.000 efectivos e coordina a súa actuación desde o centro de operacións conxuntas que ten en Torrexón de Ardoz.

Para deseñar a súa actuación, anticipan onde será máis necesaria a súa intervención baseándose en datos estatísticos do Ministerio para a Transición Ecolóxica, as análises climatolóxicas da Aemet e datos do Centro Europeo de Prevención e Vixilancia, que prevé un verán cálido e seco.

No que vai de mes, a UME interveu en sete incendios, fronte ao catro en que actuou o ano pasado polas mesmas datas, e realizaron 394 descargas de auga, case cinco veces máis que as 82 do ano pasado, "un dato moi significativo", subliñou García. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade