Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vaga de calor provoca incendios forestais en cinco comunidades autónomas

A vaga de calor provoca incendios forestais en cinco comunidades autónomas

Sen control tres grandes incendios en Cataluña

O lume arrasa a Serra da Culebra, en Zamora

Máis de dúas mil hectáreas arrasadas polo lume en Lleida e Tarragona
G24.gal 17/06/2022 08:47

Máis de 400 bombeiros e un cento de medios aéreos levan días loitando en Cataluña día e noite sen descanso contra un incendio que non dá tregua. E contra a natureza. Porque ás elevadas temperaturas destes días súmase un vento forte que dificulta moito os traballos de control e extinción.

Desde onte á tarde, sumáronse efectivos da UME en Artesa de Segre, en Lleida, unha das máis afectadas. Os veciños desta comarca levan varias noites pendentes do lume. 

Tamén avanza sen control o lume en Castellar de la Ribera, no Solsonés. Nesta comarca ilerdense, o que máis preocupa é o incendio de Lladurs. 

Na provincia de Tarragona, o lume en Corbera d'Ebre xa leva arrasadas 300 hectáreas de vexetación. 

A estes tres grandes incendios simultáneos houbo que sumar outros pequenos focos que foron provocados nas últimas horas polas tormentas eléctricas. 

En Aragón, na localidade zaragozana de Nonaspe, xa van queimadas 600 hectáreas, que de momento só afectan a piñeirais e monte baixo. 

Na comunidade de Castela e León, o máis grave é o incendio declarado na Serra da Culebra, en Zamora, xa de nivel 2. Hai varios focos activos, iniciados ao parecer por varios raios. Van queimadas case un millar de hectáreas. As altas temperaturas de ata 40 graos reavivaron algúns focos que se daban xa por apagados. 

En Navarra, catro graves incendios continúan activos na Serra de Leyre e en Tafalla, inda que xa quedaban baixo control nas últimas horas.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade