Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ourense volve superar os trinta graos

Ourense volve superar os trinta graos

G24.gal 08/05/2022 16:42 Última actualización 08/05/2022 20:55

Na provincia de Ourense xa van varias xornadas de sol e calor, que máis parecen días de verán ca da primavera. Onte varias localidades da provincia superaron os 30 graos: foi o caso de Leiro, Arnoia, Ourense e Castrelo de Miño. Foron as temperaturas máis altas de Galicia, pero tamén estiveron entre as máis altas de España, canda outras localidades de Sevilla, Huelva ou Badaxoz, por exemplo. 

Este domingo unha nova xornada solleira e con moita calor. Porque xa o apuntaban as previsións, a temperatura máxima en Ourense e en moitos outros puntos da provincia, rolda hoxe os 34 graos. Cómpre buscar boa sombra para hoxe e os vindeiros días, porque a calor aínda tardará algún tempo en marchar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade