Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ourense e Alcante, conectados polo AVE en cinco horas sen transbordo

Ourense e Alcante, conectados polo AVE en cinco horas sen transbordo

Os viaxeiros por primeira vez non terán que cambiar de tren en Madrid, viaxarán directamente e farano en máis ou menos cinco horas

Unha comodidade dende Ourense que non o é tanto para o resto dos viaxeiros galegos que seguen tendo que facer transbordo aquí para poder viaxar en AVE cara á península

G24.gal 13/09/2022 14:23

Desde o día 13 de setembro de 2022 podemos cruzar a península en cinco horas. Saír de Ourense ás catro e vinte e cinco da tarde e chegar a Alacante ás nove e vinte da noite sen cambiar de tren. É o novo servizo de alta velocidade que acaba de poñer en marcha Renfe.

De Alacante a Ourense xa viñeron directos hoxe, colleron  AVE ás 7:10. Ás 12:15 xa estaban en Ourense.

900 quilómetros en alta velocidade que se agardaban para comezos de verán, pero polos que tivemos que agardar ata hoxe polos atrasos nas obras do túnel entre a estación de Chamartín e Atocha.

Os prezos oscilan de media entre os 50 e os 100 euros. Contentos os viaxeiros coa posta en marcha deste novo servizo, pero non de todo. Preguntan para cando a chegada a Galicia dos trens AVRIL. É o único xeito de poder viaxar a Madrid directamente, non só desde Ourense, senón dende calquera das cidades galegas. Piden melloras nos trens de proximidade e máis frecuencias.

Renfe estuda unha conexión directa tamén con Valencia en decembro e nun futuro coas cidades andaluzas de Sevilla e Málaga. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade