Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ourense, a única área sanitaria que reduce os casos activos

Ourense, a única área sanitaria que reduce os casos activos

G24.gal 26/12/2021 20:52

O contrapunto as datos de suba de casos atopámolo na área sanitaria de Ourense, que baixou considerablemente os contaxios diarios e reduce as infeccións..

Malia a delicada situación que está a vivir Galicia por mor da sexta ola, na área sanitaria de Ourense houbo un respiro ao descender tanto o número de contaxios como o de casos activos. A área abrangue tamén os hospitais de Verín e o Barco de Valdeorras. 

Indo ás cifras, os contaxios detectados no último control foron 166 fronte aos 434 da xornada anterior. No caso das persoas que están a pasar o virus son 2.835, é decir, 36 menos ca no último reconto. Onde apenas hai variación é no número de pacientes hospitalizados. Son sete nas UCI e 41 en planta, un máis ca onte.

E o sábado precisamente informabamos da participación masiva que se realiza nas probas diagnósticas por toda a provincia e que levou a que, por exemplo, se esgotaran os tests de antíxenos nas farmacias. Un labor de detección precoz que permitiu, sen dúbida, atallar os contaxios ao posibilitar tomar medidas de illamento con suficiente tempo de reacción.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade