Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Ourense é a área sanitaria galega con máis incidencia
A metade dos casos activos de covid da provincia de Ourense están no concello da capital
                            G24.gal
                        
                            18/11/2021 14:56
                        
                        
                        
                        
                    
                    A incidencia en Ourense duplica a media do conxunto do país. Gromos familiares e sociais, tras a ponte do 1 de novembro e do San Martiño, están detrás do paulatino ascenso de contaxios, 412 este xoves.
A metade dos casos activos de covid da provincia de Ourense están no concello da capital. Preocupa a situación tamén do concello de Allariz, onde hoxe medraron a 44 os casos activos.
Hai un gromo nun colexio público con doce positivos. Soben os casos, pero baixan as hospitalizacións.
Sanidade fai un chamamento á xente que aínda non se vacinou, e dá un dato, o risco de hospitalización sen a pauta completa triplícase.