Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ourencanto, o encontro de coros infantís e xuvenís que reúne máis de 300 cativos

Ourencanto, o encontro de coros infantís e xuvenís que reúne máis de 300 cativos

Ourencanto é un referente pioneiro do canto coral en Galicia 

Busca fomentar e difundir o canto coral entre nenos e mozos

G24.gal 12/04/2026 22:39

Van xa oito edicións do festival de canto coral de Ourense que levou aos escenarios máis de 3.000 nenos e adolescentes. É xa un referente polos seus valores educativos, artísticos e de integración. 

A primeira hora da tarde deste domingo celebrouse o último ensaio antes do concerto de clausura desta edición de Ourencanto.

"Estivemos facendo un conto que está feito por Josu Elberdin e tamén unha canción do Rei León", conta Briana, unha das cantantes de oito anos

Baixo a mesma dirección musical o grupo de Secundaria fai as últimas probas.

"Cando máis tiven constancia do que representa este evento para a xente é agora que son maior e vexo o que significa para os nenos, antes de saír, ensaiando. Teñen esa ilusión e están contentos", conta o barítono Iago

"Valo vivindo de maneiras diferentes pero nunca perdes a chispa. Ourencanto sempre se vai anovando, sempre aparecen cousas diferentes, orquestra, novas incorporacións" explica Laura, que leva cinco edicións participando. 

No certame participan máis de 330 rapaces de centros educativos, maioritariamente de Ourense, pero tamén a nivel nacional. 

"O que é curioso é que non teñen unha formación musical a maioría deles. Buscamos que os rapaces teñan unha inquedanza en canto a participar e que a música sexa unha maneira de formar equipo e saír doutros lugares que ao mellor non son tan interesantes" di o produtor do evento, Carlos Núñez Deza

"Cando conectas con eles e hai resposta é porque o que lles estás dando interésalles. Grazas ao canto coral podemos conseguir que estes rapaces teñan a mente aberta en moitas cousas. E os seus sorrisos queren dicir que estamos aproveitando todo o que estamos facendo aquí", di Josu Elberdin, o director musical.

Para a maioría o mellor da experiencia xa está vivido antes de chegar ao concerto final.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos