Cargando resultados...
O Chacho Coudet recupera a Óscar Rodríguez para o partido en Mestalla
O toledano foi titular nos catro primeiros partidos de liga e marcou contra o Cádiz
G24.gal
15/09/2022 10:22
Última actualización 15/09/2022 15:55
O Chacho Coudet recupera a Óscar Rodríguez para o partido en Mestalla.
No adestramento desta mañá, Óscar estivo ao mesmo ritmo que os compañeiros. O centrocampista non puido xogar na última xornada diante do Atlético por unhas molestias musculares.
Óscar Rodríguez é unha peza clave dentro do esquema do Celta. Contra o Cádiz, partido en que se mancou, marcou un golazo demostrando a súa chegada á área. Entrará na convocatoria para ir a Valencia, veremos se o fai no equipo titular. Por certo, un partido que asubiará o asturiano González Fuertes.