Publicador de contidos

Publicador de contidos

Óscar Mingueza pon en valor o traballo da defensa de cinco

Óscar Mingueza pon en valor o traballo da defensa de cinco

Recoñeceu que o duelo fronte ao seu equipo de formación, o Barcelona, lle fai "moita ilusión"

Foto @RCCelta
G24.gal 20/09/2023 15:10 Última actualización 20/09/2023 15:24

O futbolista do Celta, Óscar Mingueza, recoñeceu que o duelo fronte ao seu equipo de formación, o Barcelona, desta fin de semana lle fai "moita ilusión":

"O Barcelona fíxome crecer como persoa, como xogador, deumo todo, pasei 16 anos xogando alí e é difícil volver. A situación é máis tranquila que o último do ano pasado", lembrou en referencia á última xornada do curso 2022/2023, cando se xogaron a salvación fronte aos culés en Balaídos.

Do rival detacou que "fixeron un equipo moi bo, parece que estes dous últimos partidos están a empezarlles a saír as cousas" e non cre que responda á sorte, senón a que "levan tempo co míster, traballando o que queren, son máis eficaces".

En canto ao equipo, sinala que "teñen xogadores con moito talento, dos mellores do mundo. Hai que estar xuntiños, evitar que cheguen pases a xogadores que se viran con facilidade e crean moito perigo, meter presión e non dar tempo a pensar moito"

Ante a cuestión de que falta para lograr porterías a cero, analizou:

"Coa defensa de cinco témolo mellor traballado. Estamos a coller ben os conceptos. Erramos nos pequenos detalles, pero é o que tentamos corrixir e o máis importante era coller a idea, saber o que hai que facer cada un".

Óscar Mingueza, cuxa irmá Ariadna -canteirá do Barcelona e actual xogadora do Granada- acaba de ser convocada pola sub-23, foi preguntado pola anómala situación que vive a selección española absoluta.

"Teño á miña irmá que está na sub-23, estou pendente do tema. O que quero é que se aclare todo, que estean unidos e todo o fútbol con elas. Que se faga o que se ten que facer". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade