Cargando resultados...
Os xogadores do Lugo non queren "deixarse ir" no treito final da temporada
G24.gal
18/04/2022 22:06
O Lugo, coa salvación practicamente asegurada, afronta o final da temporada coa intención de gozar cada partido. Ben o merecen tralo sufrimento dos últimos anos.
Da derrota ante a Ponferradina rescatamos unha imaxe. A do gol do equipo lugués. Sebas Moyano recupera o balón practicamente no centro do campo, entra na área, marcha de dous defensas cun caneo e resolve con clase diante do porteiro. Todo un golazo.