Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os xogadores do Deportivo escoitaron as reclamacións dos Riazor Blues

Os xogadores do Deportivo escoitaron as reclamacións dos Riazor Blues

Álex Bergantiños e Makkay, como capitáns do Deportivo, deron un paso e achegáronse á bancada

G24.gal 29/09/2022 12:32 Última actualización 29/09/2022 12:42

Malia o triunfo ante o Talavera, a afección do Deportivo non quedou satisfeita cos seus xogadores. Cando rematou o encontro os xogadores quedaron no campo atendendo aos Riazor Blues.

Os xogadores permaneceron calados no terreo de xogo mentres escoitan as explicacións, con micrófono en man, dos  seareiros deportivistas. Unha imaxe rechamante. A afección fala e o equipo escoita.

Álex Bergantiños e Makkay, como capitáns do Deportivo, deron un paso e achegáronse á bancada e deron a súa opinión sobre o que acababa de suceder no terreo de xogo. Houbo asubíos por parte da afección durante moitos minutos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos