Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os vigueses pechan a pretemporada mentres buscan catro incorporacións

Os vigueses pechan a pretemporada mentres buscan catro incorporacións

Os de Benítez pechan a pretemporada contra o Wolfsburgo (sábado) e o Compostela (martes), os dous partidos na G2 e G24

Un dianteiro é prioritario, pero o técnico quere reforzar a portería, o centro da defensa e o medio do campo

G24.gal 03/08/2023 21:49

Rafa Benítez afina a posta a punto do seu Celta cando quedan dez días para que comece a liga. Por diante os dous últimos ensaios de pretemporada. O primeiro, o sábado (17:00 horas G2 e G24), diante do Wolfsburgo alemán. E ao volver de terras xermanas, o martes, xogará diante do Compostela no Vero Boquete (20.00 horas, G2 e G24).

Nos tres partidos disputados ata o de agora o Celta deu un paso adiante no tocante á solidez defensiva. Benítez quere comezar o seu equipo desde a defensa, e frear a sangría de goles que recibían nas temporadas anteriores. 

O problema está no ataque porque, quitando a goleada diante do Al Nassr, só foron capaces de marcar un gol, o de Carles contra o Lyon. O equipo precisa fichar gol. Larsen segue a ofrecer traballo pero pouca efectividade. Para Campos é prioritario un dianteiro, pero tamén un centrocampista. Outras dúas posicións que o Celta agarda mellorar son a portería e o centro da defensa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar