Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os veciños de Valadares, en Vigo, desespéranse polas fochancas

Os veciños de Valadares, en Vigo, desespéranse polas fochancas

Rodas picadas e coches estropeados por mor do mal estado das estradas da parroquia viguesa

G24.gal 02/04/2024 14:11

En Vigo, os veciños de Valadares levan meses protestando polo mal estado das estradas: din que cada vez hai máis fochancas, que lles estragan os coches e acaban coa súa paciencia.

Fochancas que xa son fervenzas coma unha que hai na estrada das Barrocas que levou por diante moitas rodas de condutores despistados. Os veciños están desesperados.

Trátase dunha vía rural moi transitada nesta parroquia, cuxas infraestruturas están a sufrir as consecuencias do paso do tempo e das borrascas. 

Levan seis meses reclamando ao concello de Vigo que arranxe a rede de estradas da zona, pero de momento non hai resposta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar