Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os usuarios do Avant entre A Coruña e Ourense protestan pola falta de billetes

Os usuarios do Avant entre A Coruña e Ourense protestan pola falta de billetes

Os usuarios de media distancia din que coller billete é agora máis difícil ca nunca

Moitos trens xa colgan o cartel de completo para o mes de novembro

G24.gal 21/10/2022 14:26 Última actualización 21/10/2022 14:35

Os usuarios do tren Avant entre A Coruña e Ourense teñen problemas para conseguir billetes. Aseguran que hai a xente que reserva praza que logo non utiliza. Non hai billetes á venda e os asentos van baleiros.

Así que se non se saca con antelación comprícase conseguir billete. Moitos xa prefiren o autobús.

Unha situación que empeora os venres. Hai xa trens completos para novembro.

Unha saturación do servizo criticada polos usuarios que demandan tamén máis frecuencias.

Renfe xa limitou os abonos a catro ao día pero o problema persiste. O Goberno asegura que está buscando medidas para evitar esas reservas pantasma.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade