Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os universitarios quedan sen alugueiros para o curso que vén en Santiago

Os universitarios quedan sen alugueiros para o curso que vén en Santiago

A puxanza dos alugueiros turísticos é un dos motivos da escasa oferta de vivendas 

G24.gal 21/07/2022 14:08

Transcorridas unhas semanas de xullo xa non hai practicamente pisos dispoñibles en alugueiro para os estudantes en Santiago. 

Os estudantes falan dunha situación catastrófica, non teñen alternativas, algúns mesmo se propoñen non estudar en Compostela pola falta de alugueiros. E os poucos que hai, din, son caros e moitos non están en boas condicións.

A situación para eles é complicada, a oferta é moi escasa e os pouquísimos pisos que saen en alugueiro voan mentres as listas de agarda medran. Algúns optan por ir ao Milladoiro ou a Bertamiráns, pero é que alí tamén están a subir os prezos pola alta demanda.

A puxanza dos alugueiros turísticos está a complicar moito os tradicionais de longa duración. A proporción nunha cidade como Santiago é agora mesmo case de 1 a 10 en favor dos alugueiros turísticos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade