Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os tres sobreviventes do Villa de Pitanxo declaran na Audiencia Nacional

Os tres sobreviventes do Villa de Pitanxo declaran na Audiencia Nacional

Samuel Kwesi e Eduardo Rial declaran como testemuñas do naufraxio e o patrón, Juan Padín, farao como investigado

Juan Padín e o seu sobriño, Eduardo Rial, chegaron xuntos
G24.gal 06/06/2022 09:11 Última actualización 06/06/2022 15:05

Os tres sobreviventes do Villa de Pitanxo xa están na Audiencia Nacional, onde van prestar declaración ante o xuíz Ismael Moreno polo naufraxio do buque en augas canadenses.Ás 9:01 chegaba Samuel Kwesi acompañado do seu avogado, o ghanés declara como testemuña.

Ás 9:20 chegaban á Audiencia Nacional Juan Padín, patrón do Villa de Pitanxo, e o seu sobriño, Eduardo Rial. Os dous ían acompañados polos seus avogados. Padín está citado en calidade de investigado, mentres que o seu sobriño farao como testemuña.

Ademais de interrogarlles, o titular do Xulgado Central de Instrución número 2 debe decidir se prohibe de maneira cautelar ao patrón embarcar de novo noutro barco, como reclamaron as familias dos 21 mariñeiros falecidos, quen xa presentaron unha querela contra el, o seu sobriño e a casa armadora.

A Fiscalía xa vira indicios de, polo menos, 21 delitos de homicidio por imprudencia grave e contra os dereitos dos traballadores.

Samuel Kwesi foi o primeiro en chegar á Audiencia Nacional
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade