Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os traballadores volven ás rúas no 1 de maio coa suba salarial como eixe das reivindicacións

Os traballadores volven ás rúas no 1 de maio coa suba salarial como eixe das reivindicacións

CCOO e UXT celebraron unha marcha conxunta na Coruña

A CIG convocou a súa mobilización en Vigo

Manifestación conxunta de CCOO e UXT na Coruña Manifestación conxunta de CCOO e UXT na Coruña
G24.gal 01/05/2022 13:11

Comisións Obreiras e UXT celebraron conxuntamente este primeiro de maio cun acto central da Coruña na que reclamaron a introdución nos convenios colectivos de cláusulas de revisión salarial para compensar a inflación e evitar a perda de poder adquisitivo dos traballadores. Tamén esixen a aplicación de medidos de contención dos prezos.

Para os dous sindicatos esta é unha xornada eminentemente reivindicativa, pero tamén debe servir para valorar os logros acadados nos últimos meses, como os acordos sobre o salario mínimo interprofesional, a reforma das pensións ou a lei de teletraballo.

 

Manifestación da CIG en Vigo Manifestación da CIG en Vigo

Centos de persoas participaron na marcha convocada pola CIG en Vigo que saíu da Vía Norte. Os lemas principais da convocatoria foron "por políticas públicas e salarios dignos" para frear a grave situación dos traballadores.

Reclaman medidas efectivas para frear a carestía. Cren insuficiente o plan do goberno  central para paliar os afectos da guerra en Ucraína e ante unha Xunta que din "está máis procupada pola sucesión de Feijóo" que por adoptar medidas para paliar o empobrecemento da clase traballadora.

Asistiron representantes de todas as forzas políticas de esquerdas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade