Cargando resultados...
Manifestación en Ourense no sexto día de folga da siderometalurxia
Piden unha suba de soldo acorde co IPC, pero a patronal non a acepta
G24.gal
10/10/2022 20:50
Última actualización 10/10/2022 21:15
Sexto día de folga indefinida no sector siderometalúrxico en Ourense.
Este luns os traballadores manifestáronse polas rúas da cidade.
Contra as sete e media da tarde partía a manifestación dende a casa sindical no parque de San Lázaro para percorrer o centro da cidade.
Os traballadores do sector reclaman unha revisión salarial que garanta o incremento anual do IPC.
A patronal rexeita a demanda e pide unha contraoferta dos traballadores.
Esta folga é a primeira no sector siderúrxico en Ourense nos últimos 22 anos.