Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os técnicos non conseguen extraer información do teléfono de Déborah Fernández

Os técnicos non conseguen extraer información do teléfono de Déborah Fernández

Este modelo de teléfonos gardaba boa parte de información na tarxeta SIM, que está desaparecida

G24.gal 31/05/2023 16:50

A desaparición da tarxeta SIM orixinal do teléfono da moza Déborah Fernández-Cervera converteuse nun obstáculo practicamente insalvable á hora de tentar obter información do teléfono da moza.

O móbil entregáronllo á policía en 2006 e estivo en paradoiro descoñecido durante anos, ata que en setembro de 2022 foi atopado de forma fortuíta durante a realización dunhas obras en dependencias policiais de Madrid.  

Segundo explicaron peritos de Lazarus, a empresa que está a tentar buscar a fórmula para obter algunha información do terminal, as probas realizadas ata o de agora con tres réplicas do teléfono de Déborah non deron resultados.  

Respecto diso, o experto Manuel Huerta sinalou que ese modelo de móbil é "limitadísimo" e que non conseguiron que "devolva datos" nas probas que están a facer.

Así mesmo, lembrou que este tipo de teléfonos gardaban a maior parte de datos, por exemplo os contactos, na tarxeta SIM que, no caso de Déborah "está desaparecida".  

O obxectivo das probas de Lazarus é buscar distintas maneiras de obter información sen tarxeta SIM e sen que se perda nada, metendo datos nas réplicas do terminal e logo extraéndoos, ata atopar un método que permita facelo sen riscos.  

Un dos principais problemas é que ese tipo de dispositivos perden a información almacenada cada certo tempo (uns tres meses) e os datos novos reescríbense sobre os anteriores.  

A idea era obter información como chamadas entrantes e saíntes, mensaxes ou datos de xeolocalización. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar