Publicador de contidos

Publicador de contidos

Persoas sen fogar piden poder acceder aos albergues coas súas mascotas

Persoas sen fogar piden poder acceder aos albergues coas súas mascotas

Non poden entrar en ningún centro de transeúntes de Galicia

G24.gal 26/02/2022 13:34

José ten 57 anos e traballaba na limpeza. Despois de once operacións agora cobra unha pensión non contributiva duns 400 euros. O que máis ama neste mundo é Chico, o seu can, que apareceu abandonado na rúa metido nunha caixa.

Deixaron Cataluña e viñeron para Galicia facendo o Camiño de Santiago. Chegaron a Lugo e os dous tiveron que durmir na rúa durante nove meses. Coa súa pensión non deu topado un alugueiro e coa súa mascota non podía acceder ao albergue público.

Asegura que a Cruz Vermella foi a única organización que lle brindou axuda na rúa, cunha implicación persoal extraordinaria. Ademais, a sorte chegoulle da man dun grupo de rapazas animalistas que se interesaron por el e por Chico.

Buscáronlles un piso para alugar en Becerreá onde admiten animais. José xa se empadroou neste concello. Porén, quere denunciar o problema que viven acotío as persoas sen teito con mascota, que non poden durmir nos albergues públicos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade