Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os seareiros do Breogán esgotan en dous minutos as entradas para o derbi

Os seareiros do Breogán esgotan en dous minutos as entradas para o derbi

A boa marcha dos dous equipos engade máis interese ao partido no Sar entre o Obradoiro e o equipo lucense

G24.gal 13/03/2023 21:10

Tan só dous minutos duraron as entradas para o derbi do Sar na web do Breogán. O club lucense contaba con 225 asentos para o partido ante o Obradoiro do vindeiro sábado 25 de marzo ás seis da tarde.

Hoxe, ás catro da tarde, o Breogán abría o prazo para que os abonados comprasen as entradas para o derbi pero pouco despois xa informaba de que os billetes estaban esgotados. Gran resposta da afección para un dos partidos máis agardados do ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade