Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os Rolling Stones dan unha lección de rock no macroconcerto de Madrid

Os Rolling Stones dan unha lección de rock no macroconcerto de Madrid

Street Figthting Man foi o tiro de saída da xira europea que conmemora os sesenta anos do grupo

A última lección de inmortalidade dos Rolling Stones durou dúas horas e cuarto 

G24.gal 02/06/2022 08:30

As súas satánicas maxestades corroboraron o seu pacto co demo esta noite en Madrid. Os Rolling Stones comezaron a xira europea que celebra os seus sesenta anos sobre os escenarios en España.

E que pode facer un pobre rapaz senón cantar nunha banda de rock, confesa Mick Jagger, con 78 anos feitos sobre o escenario. Mais, contra o que algúns puideran pensar, o último espectáculo dos Rolling Stones non fai concesións nin cede á nostalxia. 

Street Figthting Man foi o tiro de saída da xira europea que conmemora os sesenta anos do grupo. Daquel quinteto inicial que eran só quedan dous: Jagger e Richards, incombustibles, antagónicos, os últimos representantes da era dourada do rock. 

No estadio Wanda Metropolitano de Madrid, 50.000 persoas de todas as idades comprobaron que as súas satánicas maxestades non ceden o trono. 

Keith Richards, como Jagger, bate ás portas dos oitenta. Ron Wood fixo xusto onte 75 anos. No show houbo un recordo especial para Charlie Watts, o batería, que morreu o ano pasado. A estas alturas, cada xira é temida como a derradeira... dende hai décadas.

Case todos os temas que interpretaron en Madrid teñen máis de 50 anos. A última lección de inmortalidade dos Rolling Stones durou dúas horas e cuarto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade