Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP cita a Ábalos á comisión Koldo do Senado o 8 de xaneiro

O PP cita a Ábalos á comisión Koldo do Senado o 8 de xaneiro

"Ábalos ten a chave da caixa forte dos segredos do 'sanchismo' e queremos que a abra de par en par para todos os españois", di a portavoz do PP, Alicia García

Arquivo/Alejandro Martínez Vélez/Europa Press Arquivo/Alejandro Martínez Vélez/Europa Press
G24.gal 30/12/2025 12:44

A comisión de investigación do caso Koldo no Senado citará o exministro José Luis Ábalos a comparecer o 8 de xaneiro, a pesar de atoparse actualmente en prisión provisional no cárcere de Soto del Real (Madrid).

O anuncio fíxoo a portavoz do PP no Senado, Alicia García, nunha comparecencia de prensa este martes. Segundo dixo, habilitaron o mes de xaneiro para que renda contas na comisión e investigación da Cámara Alta.

Alicia García explicou que "Ábalos non é un actor secundario, é o home para todo de Sánchez" e que "ten a chave da caixa forte dos segredos do 'sanchismo'". Por iso, "queremos que veña ao Senado e a abra de par en par para todos os españois".

Segundo Alicia García, "Ábalos non era un descoñecido para Sánchez, compartiron demasiado". Por iso, espera que o exministro responda polos "enchufes, o uso de recursos públicos e polo seu papel clave nas "tramas corruptas do 'sanchismo'".

Ao seu xuízo, Ábalos ten dúas opcións: "colaborar coa verdade ou protexer a Sánchez". Segundo García, "por moito que Sánchez fuxa non poderá escapar da corrupción".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade