Cargando resultados...
Luca de la Torre, traspasado ao Charlotte FC
Luca de la Torre chegou a Vigo en xullo de 2022 procedente da Eredivissie
G24.gal
30/12/2025 18:36
Última actualización 30/12/2025 18:38
O Celta e Charlotte FC chegaron a un acordo para o traspaso do mediocentro, Luca de la Torre.
O internacional estadounidense incorpórase ás filas do conxunto de Carolina do Norte que compite na Major League Soccer (MLS), despois de xogar cedido a pasada tempada no San Diego FC, tamén da MLS.
Luca de la Torre chegou a Vigo en xullo de 2022 procedente da Eredivissie, concretamente do Heracles Almelo. En total, foron máis de 3.800 minutos, repartidos en 67 encontros, nos que Luca defendeu a camisola celeste achegando catro goles e nove asistencias.