Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os restaurantes galegos reclaman o certificado covid para acceder ao interior

Os restaurantes galegos reclaman o certificado covid para acceder ao interior

Os bares e cafeterías piden o pasaporte covid a partir das 21:00 h

A norma, publicada o venres no DOG, entrou en vigor este sábado 

G24.gal 27/11/2021 14:34

Para controlar a transmisión do virus, Galicia é unha das seis comunidades autónomas en España que conta co aval do seu Tribunal Superior de Xustiza para instaurar o certificado de vacinación no acceso a determinados establecementos. A medida leva en vigor desde a pasada medianoite e estenderase ata o 18 de decembro.    

A evolución da sexta vaga de coronavirus fai necesario e urxente un comportamento social de cautela. O propio TSXG avala o uso do certificado de vacinación que suxeriu Sanidade lembrando que é unha evidencia científica que a transmisión da COVID-19 entre os vacinados é moito menor que a dos non vacinados.

Desde hoxe, os restaurantes deberán esixirlle á clientela o certificado COVID de vacinación todo o día, mentres que bares e cafeterías teñen que pedilo a partir das nove da noite. Ademais, en interior o máximo permitido nunha mesma mesa son oito comensais. 

Na cociña do restaurante do Hotel Bahía de Vigo, que serve de exemplo para as outras cociñas dos restaurantes galegos, hoxe teñen varios eventos e moitas reservas. Este mediodía piden por primeira vez o certificado de vacinación, o de que pasaran a enfermidade ou un resultado negativo nunha proba diagnóstica. 

"Non temos moito problema porque a xente está colaborando moito. Grazas a varias aplicacións queda rexistrado o nome e o teléfono de contacto do cliente. Todo está ben. Calquera cousa que nos permita seguir abertos está ben. Así que mentres nos deixen abrir calquera norma é boa. Que nos deixen traballar e demostrar que a hostalaría non é o problema", conta Carlos Marqués, o 'metre' do restaurante Pura&Concha.

Todas as persoas que entrevistamos tiñan á man, en papel ou no móbil, o seu certificado. Todos parecían licenciados na pandemia. Galicia xa pedía o certificado nos albergues, nos locais de ocio nocturno e nos hospitais cando un é acompañante dun hospitalizado antes de hoxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade